rss search

next page next page close

Programación Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia.


next page next page close

O Consello da Cultura Galega e o día das letras galegas

O Consello da Cultura Galega e o día das letras galegas

O Consello da Cultura pon na rede os seus materiais sobre Antonio Fraguas a través dun espazo web conmemorativo do Día das Letras Galegas 2019. A publicación recupera os contidos relativos a Antonio Fraguas dos que dispón o Consello da Cultura Galega, institución da que o propio Antonio Fraguas foi membro. Deste xeito, fotografías do polígrafo na institución se combinan con extractos dos fondos sonoros que custodia o Arquivo Sonoro de Galicia con entrevistas que permiten coñecer máis sobre a vida de Fraguas, a súa visión da política e da cultura galega. Ademáis, o CCG presentou tamén o Concerto das Letras 2019, que se celebrará no Auditorio de Galicia o 16 de maio ás 20.30 horas. A orquestra Folk SonDeSeu e o grupo O Fiadeiro, dirixidos por Rodrigo Romaní, interpretarán un repertorio baseado na recreación da música popular e no que salienta a Suite Cotobade, creada para a ocasión como homenaxe a Antonio Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas 2019.

Consulta o especial sobre Antonio Fraguas

Consulta a información sobre o Concerto das Letras 2019


next page next page close
thumbnail Palabras para o día e a noite zoom
next page next page close

A primavera das letras – 2019

Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro. Este é o ano de Antón Fraguas e aquí atoparedes algunhas propostas para achegarnos á persoa e á súa obra.

Entrada neste blogue sobre edicións anteriores da Primavera das Letras

next page next page close
thumbnail A primavera de Anton zoom
next page next page close Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio. "
next page next page close

O conto de Serafín

Antón Fraguas Fraguas deixounos esta obra naquela marabillosa colección “Os contos do Castromil”


next page next page close

Son de Galicia

Son de Galicia

Son de Galicia é unha mostra que conmemora o importante labor cultural desenvolvido polas diferentes sociedades corais no desenvolvemento da cultura galega no século XX. Transita pola historia das catro formacións que continúan activas arestora: Toxos e Froles (1914), Cántigas da Terra (1916), Coral De Ruada (1918) e Cantigas e Agarimos (1921).

( Fonte: Consello da Cultura Galega )

Son de Galicia

Exposición. Ata o 26 de xaneiro de 2019, na Sede Afundación A Coruña
Comisariado
Miguel Anxo Seixas

Sede Afundación A Coruña. Cantón Grande, 8.


next page next page close

Palabra do Ano 2018


O Portal das Palabras abre o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2018

O Portal das Palabras convida un ano máis a cidadanía a facelo desde a forza da lingua participando na escolla da Palabra do Ano, o termo que mellor resuma ou identifique a realidade que dalgún xeito marcou os últimos doce meses. O prazo de presentación de propostas permanecerá aberto desde hoxe e ata o domingo 16 de decembro ás 23:59 horas NESTA LIGAZÓN. Posteriormente, do 17 ao 25 de decembro, someteranse a votación os termos máis significativos e repetidos. O xoves 27 de decembro darase a coñecer a Palabra do Ano 2018.


next page next page close
thumbnail O himno zoom
next page next page close

200 palabras para contar o mundo

200 palabras para contar o mundo

Galicia conta dende hai uns anos co dominio .gal, que nos permite difundir a nosa identidade, dicirlle ao mundo que somos un pobo cunha lingua útil, chea de vida, con futuro. Este é o obxectivo que uniu a Real Academia Galega e a asociación PuntoGal no concurso de microrrelatos convocado en febreiro de 2018.

Os que se presentan aquí son os cinco gañadores, cinco relatos que nun máximo de 200 palabras amosan que a nosa lingua é un poderoso vehículo para transmitir calquera mensaxe. Cinco microrrelatos que constatan tamén que, na era da comunicación dixital, seguimos a ser un pobo que sempre soubo contar historias.


next page next page close
thumbnail O himno zoom
next page next page close

Portal das palabras

Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e mesmo o que deixou de ser. As palabras evocan o mundo todo e fan que as nosas neuronas faísquen para que obxectos, seres e situacións vaian pasando pola nosa cabeza.


next page next page close
thumbnail A biblioteca segundo Franco Matticchio zoom
next page next page close
next page next page close

Premio Nacional · Ensaio

Premio Nacional · Ensaio

María Xesús Lama (Lugo, 1964) é a gañadora do Premio Nacional de Ensaio 2018 pola súa obra “Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade” (1837-1863)
Neste primeiro volume da biografía de Rosalía de Castro nárranse as súas orixes familiares e os seus anos de mocidade. María Xesús Lama, profesora de estudos galegos na Universidade de Barcelona e editora de Cantares gallegos, pescuda con rigor e admiración, con obxectividade non exenta de paixón, na vida da poetísa.


next page next page close
thumbnail castaña zoom
next page next page close

A. Fraguas e o magosto

Titulo: Aportación al estudio folklórico del castano, la castana y el magosto
Revista: 67 (3-4) Jul.-Dez. 1957, p. 443-458. 
Formato:  PDF. 1,1 MB
Autor: FRAGUAS FRAGUAS, Antonio 

O Centro de Estudos do Patrimonio  “Casa de Sarmento” pon á nosa disposición esta obra de Antón Fraguas, aportación ao estudo do magosto de Antón Fraguas A obra, publicada na Revista de Guimarães no ano 1957GuiarpublicadUnidade didáctica dirixida a alumnado de educación primaria e destinada a dar a coñecer a figura de Antonio Fraguas Fraguas.

A Revista de Guimarães é unha das máis antigas publicaciós periódicas portuguesas e unha referencia da cultura portuguesa contemporánea. Aquí tendes outros artigos de Antón Fraguas nesta publicación


next page next page close

Aires de Festa


Titulo: Aires de festa: O Magosto.
Formato:  PDF. 0,3 MB

Aires de festa é un cartafol publicado no ano 1993 con materiais para traballar en Primaria sobre catro festas tradicionais galegas (magosto, entroido, maios e lume novo), complementado cun caderno do alumnado para cada ciclo.

Na nosa biblioteca “Bule Bule”, dispoñemos dun exemplar cos carteis e a documentación completa, nesta ligazón só está o caderno de traballo do alumno da festa do magosto.


next page next page close

Unidade didáctica

Unidade didáctica sobre Antonio Fraguas Fraguas que se pode descargar dende a web do Museo do Pobo Galego

next page next page close

Enredando coas palabras

Enredando coas palabras

Máis alá do propio país, as palabras que conforman a nosa lingua representan o maior ben colectivo co que contamos. Xoguemos con elas!


next page next page close

A primavera das letras

Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.

Descarga aquí a ficha: Primavera das Letras(.pdf)

2016: Manuel María

2017: Carlos Casares

2018: María Victoria Moreno

next page next page close
thumbnail Peóns zoom
next page next page close

Os instrumentos musicais

Versión interactiva do libro Os instrumentos musicais na tradición galega de Pablo Carpintero Arias e publicado orixinalmente en papel pola Difusora de Letras, Artes e Ideas. Esta versión interactiva, promovida polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, explota as capacidades multimedia e de organización de Internet para difundir universalmente o acervo musical da cultura galega.

next page next page close
thumbnail galego zoom
next page next page close
next page next page close
thumbnail O magosto. Escritorio netvibes zoom
next page next page close

Orella pendella

Páxina que busca difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.

Hoxe en día, debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perder esta riqueza definitivamente. Sen rexeitar radicalmente as novas formas de diversión e coñecemento que nos ofrecen as últimas tecnoloxías, consideramos que é posible e, mesmo, moi positivo para as relacións humanas recuperar, coñecer e practicar os xogos verbais dos nosos avós.

Por moito que cambien os tempos hai sentimentos como a tenrura entre pais e fillos ou a alegría de xogar cos amigos/as que nunca cambiarán. A tradición oral ofrécenos a posibilidade de seguir expresando estes sentimentos e seguir gozando cos xogos máis sinxelos.

Moitos dos ditos populares de Galicia son comúns a varios pobos de Europa e, incluso, de América e de África, e outros son de creación xenuinamente galega. De aí a enorme variedade e as múltiples versións que podemos escoitar por veces dun mesmo recitado.

next page next page close

A nosa fala

A nosa fala

Bloques e áreas lingüísticas do galego. Trátase dun audiolibro con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século.

 

Unha máis que atractiva canción que, de seguro, gustará aos máis pequenos e aos que non son tan pequenos.


next page next page close

Komic

O cómic galego vive unha auténtica Idade de Ouro. Nunca antes gozara de tan boa saúde e, para constatalo, abonda con repasar a cada vez máis ampla nómina de autores de prestixio, a calidade e recoñecemento que alcanzan moitos dos seus traballos e, tamén, o crecente número de grandes obras traducidas ao noso idioma.

Hai tempo que os cómics deixaron de ser un mero instrumento de entretemento para, ademais, funcionar como unha poderosa ferramenta cultural e educativa que, ano tras ano, conta con maior peso específico nas aulas e bibliotecas de colexios e institutos.

next page next page close
thumbnail Samaín na escola zoom
next page next page close

Do local ao universal

Unidade didáctica dirixida a alumnado de educación primaria e destinada a dar a coñecer a figura de Antonio Fraguas Fraguas.

Este material elaborouse no marco da programación en homenaxe a Antonio Fraguas que impulsa o Concello de Cotobade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas, no vixésimo aniversario do seu pasamento.

 

Ficha didáctica. Formato PDF. 9 MB

Díptico informativo. Formato PDF. 6 MB


next page next page close

Álbum da emigración

O Álbum da Emigración recupera as figuras máis destacadas das colectividades galegas en América, así como as súas principales creacións. Unha achega á memoria da nosa emigración

next page next page close
thumbnail Universalidade zoom
next page next page close

O portal das palabras

Unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrié

next page next page close
thumbnail Busto zoom
next page next page close Houbo rapaces que souberon por min que Galicia tiña ríos, fíxenlles esperta-lo interese por conceptos coma a economía do seu pobo, dos que antes nin oíran falar."
next page next page close Eu non fixen máis que cumprir cunha obriga, a obriga de ensinar"
next page next page close

Programación Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia.

...
article post

O Consello da Cultura Galega e o día das letras galegas

O Consello da Cultura pon na rede os seus materiais sobre Antonio Fraguas a través dun...
article post
thumbnail Palabras para o día e a noite article post
http://primaveradasletras.gal/
Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e...
article post
thumbnail A primavera de Anton article post
"Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio. "
article post

O conto de Serafín

Antón Fraguas Fraguas deixounos esta obra naquela marabillosa colección “Os contos...
article post

Son de Galicia

Son de Galicia é unha mostra que conmemora o importante labor cultural desenvolvido...
article post

Palabra do Ano 2018

O Portal das Palabras abre o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2018...
article post
thumbnail O himno article post

200 palabras para contar o mundo

Galicia conta dende hai uns anos co dominio .gal, que nos permite difundir a nosa...
article post
thumbnail O himno article post

Portal das palabras

Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e mesmo...
article post
thumbnail A biblioteca segundo Franco Matticchio article post

Alba de Groria

“Se no abrente deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas...
article post

Premio Nacional · Ensaio

María Xesús Lama (Lugo, 1964) é a gañadora do Premio Nacional de Ensaio 2018 pola súa...
article post
thumbnail castaña article post

A. Fraguas e o magosto

Titulo: Aportación al estudio folklórico del castano, la castana y el...
article post

Aires de Festa

Titulo: Aires de festa: O Magosto. Formato:  PDF. 0,3 MB Aires de festa é un...
article post
http://museodopobo.gal/web/uploads/pdf/Antonio_Fraguas_Fraguas.pdf
Unidade didáctica sobre Antonio Fraguas Fraguas que se pode descargar dende a web do...
article post

Enredando coas palabras

Máis alá do propio país, as palabras que conforman a nosa lingua representan o maior ben...
article post
http://primaveradasletras.gal/
Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e...
article post
thumbnail Peóns article post
http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/
Versión interactiva do libro Os instrumentos musicais na tradición galega de...
article post
thumbnail galego article post

Peixiños do mar

Este videoclip da canción composta por Magín Blanco, forma parte do proxecto editado...
article post
thumbnail O magosto. Escritorio netvibes article post
https://orellapendella.gal/
Páxina que busca difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo...
article post

A nosa fala

Bloques e áreas lingüísticas do galego. Trátase dun audiolibro con textos de diferentes...
article post
thumbnail No centenario do nacemento de Antón Fraguas – Museo do Pobo Galego article post
thumbnail Día do peón article post
https://www.netvibes.com/magosto#271516641
Chegará o castañeiro e montrá o tenderete no patio do cole, por alí pasaremos todos...
article post
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1389607831/contido/magosto/Indice.htm
Unidade didáctica  elaborada por Xosé Antón Vicente Rodríguez sobre o tema do...
article post

Como o trompo

Unha máis que atractiva canción que, de seguro, gustará aos máis pequenos e aos que non...
article post
http://www.komic.es/gl/recomendado.html
O cómic galego vive unha auténtica Idade de Ouro. Nunca antes gozara de tan boa saúde e,...
article post
thumbnail Samaín na escola article post

Do local ao universal

Unidade didáctica dirixida a alumnado de educación primaria e destinada a dar a coñecer...
article post
http://culturagalega.gal/albumdaemigracion/index.php
O Álbum da Emigración recupera as figuras máis destacadas das colectividades galegas en...
article post
thumbnail Universalidade article post
https://portaldaspalabras.gal/xogos/
Unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrié
article post
thumbnail Busto article post
"Houbo rapaces que souberon por min que Galicia tiña ríos, fíxenlles esperta-lo interese por conceptos coma a economía do seu pobo, dos que antes nin oíran falar."
article post
"Eu non fixen máis que cumprir cunha obriga, a obriga de ensinar"
article post

As irmandades da fala e o partido galeguista

article post