rss search

next page next page close

O Consello da Cultura Galega e o día das letras galegas

O Consello da Cultura Galega e o día das letras galegas

O Consello da Cultura pon na rede os seus materiais sobre Antonio Fraguas a través dun espazo web conmemorativo do Día das Letras Galegas 2019. A publicación recupera os contidos relativos a Antonio Fraguas dos que dispón o Consello da Cultura Galega, institución da que o propio Antonio Fraguas foi membro. Deste xeito, fotografías do polígrafo na institución se combinan con extractos dos fondos sonoros que custodia o Arquivo Sonoro de Galicia con entrevistas que permiten coñecer máis sobre a vida de Fraguas, a súa visión da política e da cultura galega. Ademáis, o CCG presentou tamén o Concerto das Letras 2019, que se celebrará no Auditorio de Galicia o 16 de maio ás 20.30 horas. A orquestra Folk SonDeSeu e o grupo O Fiadeiro, dirixidos por Rodrigo Romaní, interpretarán un repertorio baseado na recreación da música popular e no que salienta a Suite Cotobade, creada para a ocasión como homenaxe a Antonio Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas 2019.

Consulta o especial sobre Antonio Fraguas Consulta a información sobre o Concerto das Letras 2019
next page next page close
thumbnail Palabras para o día e a noite zoom
next page next page close

Palabra do Ano 2018


O Portal das Palabras abre o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2018

O Portal das Palabras convida un ano máis a cidadanía a facelo desde a forza da lingua participando na escolla da Palabra do Ano, o termo que mellor resuma ou identifique a realidade que dalgún xeito marcou os últimos doce meses. O prazo de presentación de propostas permanecerá aberto desde hoxe e ata o domingo 16 de decembro ás 23:59 horas NESTA LIGAZÓN. Posteriormente, do 17 ao 25 de decembro, someteranse a votación os termos máis significativos e repetidos. O xoves 27 de decembro darase a coñecer a Palabra do Ano 2018.


next page next page close

Portal das palabras

Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e mesmo o que deixou de ser. As palabras evocan o mundo todo e fan que as nosas neuronas faísquen para que obxectos, seres e situacións vaian pasando pola nosa cabeza.


next page next page close
thumbnail galego zoom
next page next page close
next page next page close

Orella pendella

Páxina que busca difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.

Hoxe en día, debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perder esta riqueza definitivamente. Sen rexeitar radicalmente as novas formas de diversión e coñecemento que nos ofrecen as últimas tecnoloxías, consideramos que é posible e, mesmo, moi positivo para as relacións humanas recuperar, coñecer e practicar os xogos verbais dos nosos avós.

Por moito que cambien os tempos hai sentimentos como a tenrura entre pais e fillos ou a alegría de xogar cos amigos/as que nunca cambiarán. A tradición oral ofrécenos a posibilidade de seguir expresando estes sentimentos e seguir gozando cos xogos máis sinxelos.

Moitos dos ditos populares de Galicia son comúns a varios pobos de Europa e, incluso, de América e de África, e outros son de creación xenuinamente galega. De aí a enorme variedade e as múltiples versións que podemos escoitar por veces dun mesmo recitado.

next page next page close

A nosa fala

A nosa fala

Bloques e áreas lingüísticas do galego. Trátase dun audiolibro con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século.