rss search

Premio Nacional · Ensaio

line Premio Nacional · Ensaio

María Xesús Lama (Lugo, 1964) é a gañadora do Premio Nacional de Ensaio 2018 pola súa obra “Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade” (1837-1863)
Neste primeiro volume da biografía de Rosalía de Castro nárranse as súas orixes familiares e os seus anos de mocidade. María Xesús Lama, profesora de estudos galegos na Universidade de Barcelona e editora de Cantares gallegos, pescuda con rigor e admiración, con obxectividade non exenta de paixón, na vida da poetísa.