rss search

200 palabras para contar o mundo

line 200 palabras para contar o mundo

Galicia conta dende hai uns anos co dominio .gal, que nos permite difundir a nosa identidade, dicirlle ao mundo que somos un pobo cunha lingua útil, chea de vida, con futuro. Este é o obxectivo que uniu a Real Academia Galega e a asociación PuntoGal no concurso de microrrelatos convocado en febreiro de 2018.

Os que se presentan aquí son os cinco gañadores, cinco relatos que nun máximo de 200 palabras amosan que a nosa lingua é un poderoso vehículo para transmitir calquera mensaxe. Cinco microrrelatos que constatan tamén que, na era da comunicación dixital, seguimos a ser un pobo que sempre soubo contar historias.