rss search

Palabra do Ano 2018

line

O Portal das Palabras abre o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2018

O Portal das Palabras convida un ano máis a cidadanía a facelo desde a forza da lingua participando na escolla da Palabra do Ano, o termo que mellor resuma ou identifique a realidade que dalgún xeito marcou os últimos doce meses. O prazo de presentación de propostas permanecerá aberto desde hoxe e ata o domingo 16 de decembro ás 23:59 horas NESTA LIGAZÓN. Posteriormente, do 17 ao 25 de decembro, someteranse a votación os termos máis significativos e repetidos. O xoves 27 de decembro darase a coñecer a Palabra do Ano 2018.