rss search

Peixiños do mar

line

Este videoclip da canción composta por Magín Blanco, forma parte do proxecto editado pola  Mesa pola Normalización Lingüística: “Os peixes e outra fauna mariña”. Con 30 ilustracións de Tokio, é para aprender, identificar e provocar interese polo mundo dos peixes, crustáceos, moluscos e outra fauna mariña nas nenas e nenos. Este libro ten como obxectivos incrementar o uso do galego na educación infantil, proporcionar materiais en galego para nenas/os de 0 a 6 anos, potenciar o uso de vocabulario en galego e aprender o nome de peixes comúns.